A Federación de Asociacións de Veciños Ría de Marín visita Ence para interesarse pola situación e os avances da fábrica de Lourizán

 

18 de maio de 2013. Representantes de 6 asociacións de veciños de Marín integradas na Federación de Asociacións de Veciños Ría de Marín mantiveron unha reunión co director de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, nas instalacións da factoría da empresa en Lourizán. No transcurso do encontro, Casal explicoulles os plans de mellora ambiental da factoría: o Plan de Eliminación de Olores, os avances no proxecto de redución de emisións de vapor, en boa medida xa visibles, e o desenvolvemento do Concurso Arquitectónico.

No encontro participaron directivos das asociacións Xuntanza Río Loira, Ardán, Viñas Brancas, San Xosé de Cantodarea, a Asociación Camiño Vello de Maiores, Xubilados e Pensionistas de Marín e bisbarra e da AA.VV. Francisco Pérez Crespo de Mogor.

Os asistentes ao encontro tamén se interesaron pola situación da factoría logo da aprobación da nova lei de Costas e o seu impacto económico na bisbarra.