Expertos en Arquitectura Sostible, Paisaxismo, Historia e Cultura integran o xurado do concurso arquitectónico de Ence en Pontevedra

04 de maio de 2013.- Ence quere lograr que o seu Centro de Operacións de Pontevedra acade o máximo nivel de integración co seu ámbito natural, proxectando ademais unha imaxe de progreso e desenvolvemento económico e tecnolóxico respectuoso co medio ambiente. É por iso que a empresa convocou en decembro do pasado ano un concurso para pedir ideas para unha intervención arquitectónica que permitise integrar visualmente o seu Centro de Operacións de Pontevedra na súa entorna. Os membros do xurado do Concurso reuniranse por primeira vez no mes de maio para analizar os proxectos recibidos.

O xurado de Concurso intégrano o paisaxista Luis González-Camino, o arquitecto Enrique León García, o historiador e presidente do ConseLlo da Cultura Galega Ramón Villares, e tres representantes de Ence: o presidente da compañía, Juan Luis Arregui; o conselleiro delegado, Ignacio Colmenares; e o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal.

As deliberacións do xurado na primeira fase do concurso produciranse ao longo do mes de maio e concluirán o día 3 de xuño coa selección dun máximo de cinco propostas. Despois  publicaranse no sitio web do concurso os lemas dos 5 proxectos seleccionados para a segunda fase xunto coa acta que recollerá as conclusións do xurado e as observacións pertinentes referidas aos proxectos seleccionados. Os autores e/ou autoras das propostas finalistas terán ata o 5 de xullo para continuar traballando nos seus proxectos de cara á fase final do concurso. Os proxectos seleccionados recibirán os seguintes premios: o primeiro 40.000 €, o segundo 15.000 €, e un máximo de 3 accésits de 2.500 € cada un.

Ence quixo contar no xurado con persoas alleas á empresa e de contrastada solvencia. De aí a participación de Luis González-Camino, Enrique León García e Ramón Villares no grupo de persoas que elixirán o proxecto resultante.

 

 

SEMBLANZAS DOS MEMBROS DO XURADO

D. Luis González-Camino

Paisaxista autodidacta. Os seus primeiros proxectos datan de 1975. Dende entón, traballou para crear ou mellorar todo tipo de espazos exteriores: parques, xardíns privados, vías de comunicación, ámbitos de monumentos históricos, adegas, fábricas, bases militares, xardíns corporativos, centros comerciais, etc. Ha traballado sobre todo en España pero tamén no Reino Unido, Francia, Suíza e Portugal.

Escribiu artigos en prensa e revistas especializadas, participou en congresos e foi profesor ocasional en varias universidades, todo eles sobre temas relacionados co paisaxismo, a xardinaría e a conservación do patrimonio.

D. Enrique León García

Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid, é un dos dous socios fundadores do despacho de arquitectos Ortiz León Arquitectos, un dos máis recoñecidos en España pola súa aposta pola sostibilidade nos seus proxectos. De feito, construíron no ano 2000 o primeiro ‘green building’ de España, o Edificio Sanitas en Madrid, empregando sistemas prefabricados, non contaminantes, reutilizables e de doada demolición. O despacho co-fundado por Enrique León conseguiu en 2006 a primeira certificación LEED para un edificio en Europa co Parque Empresarial Alvento. O Sistema de Clasificación de Edificios Sostibles LEED é un método estándar internacional que recoñece a excelencia na sostibilidade dos edificios. A certificación outórgaa o Green Building Council dos Estados Unidos. A Torre Iberdola de Bilbao, tamén proxectada por Ortiz León Arquitectos, recibiu en marzo do presente ano a máxima cualificación, a distinción Platino, da certificación Leed CS 2.0 (Leadership in Energy and Environmental Design / Liderado en Eficiencia Enerxética e Deseño Sostible).

D. Ramón Villares Paz

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 1987 e presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006.

Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC no período 1986-1990, reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994, e membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002).

Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios padroados de centros e fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros).

D. Juan Luis Arregui Ciarsolo

Presidente do Consello de Administración de Ence e presidente da Comisión Executiva de Ence. Ata 1995 desempeñou o cargo de presidente de Gamesa Corporación Tecnológica, compañía da que foi fundador no ano 1976, e na que na actualidade ocupa, entre outros, o cargo de vicepresidente do Consello de Administración. Foi vicepresidente do Consello de Administración de Iberdola (2006-2010) e presidente de Guascor, grupo especializado en coxeneración e tecnoloxía de desimpacto ambiental.

É presidente e fundador de Foresta Capital dende 2002, empresa adicada á produción de bosques nobres (nogueira negra e cerdeira negra) e ao desenvolvemento de cultivos enerxéticos. É presidente e fundador de Viña Izadi dende o ano 1987.

D. Ignacio Colmenares

Ignacio de Colmenares é conselleiro delegado de Ence e presidente da Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón do Papel (ASPAPEL). É membro da xunta directiva da CEOE, principal asociación empresarial española, e membro do Board de CEPI. Tivo unha dilatada traxectoria profesional nos sectores siderúrxico e enerxético, onde ocupou importantes cargos directivos en CELSA, TYCSA, Global Steel Wire, Isofotón e Bergé Lift.

D. Antonio Casal Lago

Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, traballa en Ence Energía e Celulosa dende 1990. Na súa dilatada traxectoria na empresa, ocupou postos como o de director de Ence en Uruguai e subdirector do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, da que é máximo responsable dende novembro de 2011.