Ence reforza o seu programa de bolsas incorporando axudas para realizar estudos de máster no estranxeiro

14 de abril de 2013. Ence reforza este ano a súa convocatoria de bolsas para a realización de estudos de máster dirixida a estudantes de Pontevedra e bisbarra. A empresa concederá 7 bolsas, cinco delas para a realización de estudos de máster en España e outras dúas para persoas que queiran realizar eses estudos no estranxeiro. A convocatoria das II Becas Ence para Estudos de Máster ábrese o próximo mércores, 17 de abril. Recibiranse solicitudes ata o próximo 14 de xuño.

Cada unha das 5 bolsas para a realización de estudos en España terá unha dotación de 5.000 euros. As dúas bolsas destinadas a apoiar o esforzo de estudantes de Pontevedra e bisbarra por avanzar na súa formación co estudo dun máster no estranxeiro teñen unha dotación de 7.500 euros. O importe total destinado por Ence ao seu programa de bolsas ascende a 40.000 euros. A empresa incrementou nun 60% a cantidade que destinou o pasado ano á realización de estudos de máster.

O director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, explica que a empresa está realizando un “esforzo especial” ao incrementar o presuposto destinado ao programa de bolsas. “Hace máis dun ano que dixemos que eramos moi conscientes de que nunha época de dificultades como esta, unha empresa como Ence debe incrementar os seus esforzos de colaboración co ámbito. Dende entón vencellámonos á UNED para contribuír a asegurar a súa permanencia na cidade, asinamos un convenio de colaboración con NovaCaixaGalicia que nos permitiu traer a obra de Picasso á cidade, estamos a apoiar a proxección turística das Rías Baixas ao colaborar no financiamento da saída de La Vuelta. E decidimos reforzar o noso programa de bolsas. “

Esta iniciativa intégrase no firme compromiso de Ence de contribución ao desenvolvemento económico e social de Pontevedra. Neste sentido, a empresa considera que a profunda crise que atravesa a nosa sociedade precisa esforzos por parte de todos os colectivos sociais, e concretamente o empresarial, para facer fronte aos retos sen precedentes aos que se enfronta a nosa comunidade. A formación é fundamental para construír un tecido empresarial capaz de afrontar as esixencias e serias dificultades económicas, e avanzar cara a unha sociedade máis próspera e un ámbito sostible.

As bases do segundo programa de bolsas Ence poden ser descargadas de https://encepontevedra.com. A empresa priorizará aquelas solicitudes para o estudo de programas relacionados coa protección de medioambiente e a biodiversidade, as ciencias forestais e agrarias, a enxeñaría, o desenvolvemento industrial e infraestruturas territoriais, a administración e xestión da empresa e as ciencias sociais e da comunicación. 

As bolsas de Ence-Pontevedra están dirixidas a novos estudantes residentes na cidade de Pontevedra e a súa bisbarra. Os candidatos deberán encontrarse no momento da presentación da solicitude en posesión dun título superior universitario recoñecido.

Non obstante, poderán solicitar bolsa estudantes que se encontren cursando o último ano de carreira no curso académico 2012-2013. Neste caso, a concesión da bolsa quedará condicionada á obtención do título universitario na convocatoria de xuño/xullo de 2013, coa mesma nota media ou superior á que tiñan ata o momento da convocatoria.

Os aspirantes non poderán percibir remuneración económica ou salarial nin ser beneficiario de ningunha bolsa, axuda económica, ou calquera outra asignación de similar natureza de institucións e fundacións públicas ou privadas, durante o período de desfrute da bolsa.

Os interesados poden solicitar máis información sobre a II Convocatoria de Bolsas de Ence en Pontevedra a través da dirección de correo electrónico becasencepontevedra@ence.es.