Ence acolle a entrega de premios do concurso de fotografía ‘A enxeñaría industrial na sociedade’

1 de febreiro de 2013. O director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, e o presidente da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, José Manuel Durán Rodríguez, presidirán mañá sábado 2 de febreiro a entrega dos premios do concurso de fotografía “A enxeñaría industrial na sociedade”. O acto terá lugar ás 11:00 horas na sede de ENCE en Lourizán(Pontevedra).

O fotógrafo vigués Johny Santiago Ríos recibirá o primeiro premio do certame pola súa fotografía “Fábrica de Ence en Lourizán (Pontevedra)”, que ilustra esta información, despois de impoñerse aos outros 143 participantes nas votacións realizadas por Facebook, presencialmente nas exposicións realizadas nas sete cidades galegas e polo Xurado do certame presidido por Jesús Bendaña. Tamén se entregarán os premios do resto de categorías deste concurso, convocado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia para promover a apertura á sociedade galega tanto da Asociación coma do Colexio de Enxeñeiros Industriais e destacar a arte presente na enxeñaría industrial.