Produtores forestais de Betanzos intercambian coñecementos de selvicultura con especialistas de Ence

31 de xaneiro de 2013. Como, onde e cando plantar eucalyptus globulus. Eses son os temas que tratarán mañá venres a partir das 8.00 PM produtores forestais de Betanzos e bisbarra con especialistas de Ence. O encontro celebrarase na Aula de Cultura de Betanzos.

O evento forma parte dos esforzos de Ence, Enerxía e Celulosa, para axudar a promover as boas prácticas á hora de cultivar e de obter a certificación forestal. Entre outros temas, abordaranse asuntos como o da situación das plantas, o prezo da madeira ou a certificación. Un dos puntos máis importantes do encontro será a determinación das claves para desenvolver unha plantación exemplar. A experiencia dos comuneiros, por unha banda, e os coñecementos dos técnicos de Ence, pola outra, serán fundamentais.

Ademais, os expertos da compañía explicarán as vantaxes e segredos da planta mellorada de Eucalyptus Globulus, especie de eucalipto que máis valor xera para o seu uso industrial.

A de Galicia e a cornixa cantábrica é unha zona especialmente apta para o cultivo do Eucalyptus Globulus. As plantas melloradas desta especie son o resultado de décadas de traballo e selección dos mellores exemplares por parte de expertos en investigación forestal de Ence. Nos terreos axeitados, a planta mellorada Eucalyptus glóbulus, dá uns crecementos superiores nun 30% ou máis que a planta de semente de eucalipto, sempre e cando se aplique a selvicultura axeitada e os tratamentos necesarios.