Ence destinou a persoal e provedores de Pontevedra case 35 millóns de euros no último ano

 

 

Ence realizou pagos de persoal e compras de bens e servizos a empresas do municipio de Pontevedra no último ano por valor de 34,65 millóns de euros. A cifra, que serve para estimar unha parte do impacto de Ence na  economía local, correspóndese co destinado durante o últimos catro trimestres terminados do ano contable -o último de 2011 e os 3 primeiros de 2012- a persoal e compras de empresas locais non vinculadas accionarialmente a Ence.
 
“Sempre preferimos traballar con empresas que están na contorna dos nosos centros de operacións”, sinala o director o Centro de Operacións da compañía en Lourizán, Antonio Casal. “Oxalá podamos comprar cada vez máis bens e servizos en Pontevedra e comarca”. Casal lembra, en todo caso, que “aínda que estas cifras dan unha idea do impacto económico da actividade da factoría, o certo é que ese impacto vai máis aló. Hai intangibles como a transferencia de coñecemento ou os gastos que efectúan na cidade provedores chegados doutros lugares ou terceiros países, que tamén os hai”.
 
No que vai de 2012, a media de gasto mensual nestes conceptos ascende aos 3,27 millóns mensuais. Ademais, nas operacións de Ence participan empresas doutros puntos da comarca. Un total de 16 empresas de Poio e Marín venderon os seus produtos e servizos a Ence no último ano. Facturaron á empresa máis de 5,5 millóns de euros. 
 
Rendas distribuídas
 
Tan só 5 das 173 empresas de Pontevedra que traballaron con Ence no últimos catro trimestres facturaron máis de 1 millón de euros á compañía. Trátase de compañías vinculadas ao mantemento e a enxeñaría, os servizos forestais, e as operacións loxísticas de recepción de madeira e exportación de pasta.
 
As 165 empresas restantes venden produtos e prestan diferentes tipos de servizos tanto para as áreas industrial e de enerxía da compañía como para as oficinas administrativas. 
 
A factoría de Ence en Lourizán produce enerxía con biomasa e pasta de papel libre de cloro que se exporta a través do Porto de Marín, principalmente con destino ao Norte de Europa. Unha media de dous barcos sae cada semana da Ría de Pontevedra para exportar a produción da factoría pontevedresa, que é convertida finalmente, no seu maior parte, en papel tisú.