Produtores forestais da Mariña venderán a Ence 75.000 toneladas de madeira

8 de setembro de 2012. A Asociación Forestal da Mariña (ASFOMA) venderá 75.000 toneladas de madeira de eucalipto a Ence nos vindeiros meses. O acordo alcanzado entre os productores de madeira e máis Ence engádese ós xa asinados con outras asociacións de produtores de madeira de Galicia. Dende o mes de marzo, Ence asinou acordos para a merca de ata 375.000 toneladas de madeira con 6 asociacións de produtores. Supera así ampliamente as 250.000 toneladas dos acuerdos establecidos en 2011.

A empresa avanza así no seu obxectivo de establecer relacións directas con asociacións de produtores. Con esta medida contribúe, ademais, a darlle pulo ó sector forestal apoiando a súa profesionalización. Os acordos asinados con estas asociacións establecen pautas para a colaboración entre os produtores de madeira e máis Ence en cuestións estructurais para o futuro do sector forestal: a ordenación dos cultivos forestais, a mellora fitosanitaria, a xestión sustentable das masas de eucalipto ou a dotación de maior transparencia ó mercado da madeira son algúns destes asuntos.

Ence desenvolve ademais una intensa actividade de intercambio de información con produtores de madeira de toda Galicia e o occidente asturiano. Especialistas forestais da compañía están promovendo encontros nos que se intercambia información sobre temas coma a ubicación das plantas, o prezo da madeira, a certificación, ou as claves para desenvolver unha plantación exemplar.

Ence transforma a madeira en pasta de papel nas súas fábricas de Pontevedra, Navia (Asturias) e Huelva, e emprega as partes da madeira diferentes á celulosa ?lignina, cortizas,…- para a producción de enerxía renovable nos seus propios centros de operacións. Este aproveitamento total da árbora permite a Ence ter un balance positivo no seu consumo enerxético, ó producir, empregando materias primas renovables, moita máis enerxía cá que consumen as súas fábricas.