Ver en Español

Coñézanos

¿Sabías que...?

Ence produce na súa fábrica de Pontevedra pasta de celulosa e enerxía renovable con biomasa. A factoría de Ence na capital das Rías Baixas está entre as primeiras do mundo en desempeño ambiental no seu sector. Os resultados de xestión ambiental da fábrica melloran ata nun 80% os indicadores BREF, que definen as mellores prácticas na Unión Europea para a producción de pasta.

 

Ence xera en Galicia 5.140 empleos —directos e indirectos—. A actividade de Ence xera en Galicia máis de 4.000 empregos forestais e outros 1.140 industriais. A compañía é, por tanto, clave para o desenvolvemento do sector forestal de toda Galicia. Ence é o principal cliente dos produtores de madeira, xera unha alta demanda estable e próxima, e transfire o coñecemento das necesidades do sector industrial global. A empresa xestiona directamente en Galicia preto de 10.500 hectáreas de cultivos forestales e ten relación directa con propietarios de montes, proveedores, asociacións e suministradores, ós que lles compra madeira por valor duns 100 millóns de euros cada ano.

 

A fábrica de Ence en Pontevedra é practicamente autosuficiente en materia de consumo de enerxía: a partir da parte da madeira que non emprega para producir celulosa, xera case toda a enerxía renovable que consume no seu proceso industrial. Produce tanta enerxía cada ano coma a que consumen 60.000 fogares.

 

A fábrica ten hoxe un impacto ambiental controlado e limitado pola Autorización Ambiental que lle permite operar, tanto no que se refire á calidade da auga coma á calidade do aire. As emisións atmosféricas, na súa maior parte vapor de auga, cumpren cos límites que establece a Autorización Ambiental Integrada que lle permite operar á fábrica.

 

O proceso de tratamento de residuos líquidos garante o respecto á Ría e os seus ecosistemas. Así o amosan os estudos e analíticas que se fan de xeito periódico na Ría, tanto por parte de empresa coma por terceiros acreditados —universidades incluídas—. A auga que sae á Ría polo emisario submarino pasa por un rigoroso proceso de depuración e cumpre cos máis esixentes estándares ambientais.

 

Ence ten un compromiso coa súa contorna polo cal se propuxo seguir traballando no seu proxecto de eliminación de olores. Dende 2010, e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, trabállase nun proxecto destinado a eliminar os olores da fábrica para completar os avances xa acadados nos últimos anos. O proxecto xa pasou polas fases de estudo, diagnóstico e deseño das solucións.

 

Entre os plans de mellora de Ence en Pontevedra tamén está o Proxecto de Adecuación Visual, que pretende mellorar a integración da factoría coa súa entorna. Ademais, os enxeñeiros da empresa traballan na percura da solución máis axeitada para eliminar as emisións de vapores da factoría: a meirande parte das emisións aéreas da fábrica son de vapor de auga. A reducción do impacto visual desas emisións permitirá mellorar sensiblemente o impacto visual das instalación de Ence en Pontevedra.