Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Unha delegación técnica do Goberno de Macedonia visita Ence para coñecer as claves da mellora ambiental da fábrica

Foto visita Joomla.jpg
09 de novembro de 2016. O Centro de Operacións de Ence en Lourizán (Pontevedra) acolle hoxe a visita dunha representación de técnicos adscritos ao Goberno de Macedonia. Trátase de especialistas en xestión ambiental. E chegan a Ence Pontevedra para coñecer de primeira man as estratexias e procedementos que fixeron da factoría unha referencia no seu sector en materia de xestión ambiental.
 
A visita forma parte dun proxecto da Unión Europea para promover a mellora ambiental da industria comunitaria. Este proxecto comunitario pretende impulsar a incorporación aos procedementos de control ambiental da industria europea ao establecido na Directiva de Emisións Industriais. Os responsables de Ence Pontevedra, liderados polo director da fábrica, Antonio Casal, e o responsable de Calidade e Medio Ambiente, Carlos Casas de Ron, explicaron aos técnicos de Goberno de Macedonia os pasos dados pola empresa nos últimos anos e os proxectos nos que traballa para continuar avanzando.
 
A factoría galega de Ence é referente en materia de xestión ambiental no seu sector en Europa pola súa traxectoria de mellora continuada nos últimos 15 anos. De feito, a Comisión Europea distinguiu en 2015, co único recoñecemento en Categoría Ouro para unha empresa galega, o traballo que permitiu transformar a antiga fábrica de Ence Pontevedra nun centro de referencia en materia de sustentabilidade ambiental.