Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Un acordo entre Ence e os comuneiros de Poio permitirá recuperar 56 hectáreas forestais que arderon en 2006

Troncos 9.jpg
14 de outubro de 2016. A Comunidade de Montes de San Xoán de Poio e Ence xa traballan conxuntamente na recuperación de montes dedicados á produción de madeira de eucalipto, afectados polos incendios en 2006, e que non puideron ser recuperados desde entón. O acordo alcanzado polos comuneiros e a empresa é o primeiro dos que formarán parte dun proxecto de Ence para a recuperación de 5.400 hectáreas forestais que se atopan nunha situación semellante. Trátase de plantacións madeireiras situadas na provincia de Pontevedra e o sur da provincia da Coruña.
 
De acordo ao convenio alcanzado pola empresa e os produtores forestais de Poio, Ence acometerá os investimentos necesarios para mellorar o ordenamento, a sustentabilidade e o incremento da produtividade do monte. Os traballos servirán para mellorar 56 hectáreas forestais, isto é, unha superficie similar á que ocupan 56 campos de fútbol.
 
As accións que se desenvolverán nos montes de Poio serán financiadas con cargo ao orzamento de 7 millóns de euros que Ence destinará ao proxecto de recuperación de 5.400 hectáreas dedicadas a cultivos forestais desde antes da onda de incendios de 2006 e que necesitan de proxectos de recuperación para devolvelas ao seu mellor estado.
 
Máis de 2  hectáreas
 
 "As superficies que estamos a buscar son montes de eucalipto glóbulus en mal estado nas que os propietarios non poidan acometer as operacións necesarias para optimizar a súa situación, ou non teñan claro como facelo. A superficie necesaria, polo menos nesta etapa inicial do proxecto, debe ser superior a 2 hectáreas e con cinco ou máis anos desde o rebrote ou plantación", di Alejandro Oliveros, director de Ordenación Forestal da compañía. "Animamos a aqueles propietarios da zona que se atopen nesa situación, a contactar connosco para que poidamos analizar conxuntamente a súa incorporación ao proxecto".
 
Entre os beneficios para os comuneiros están os investimentos en sustentabilidade dos cultivos que realizará Ence. "Se Galicia quere ser unha potencia forestal en Europa, debemos ser líderes en sustentabilidade ambiental da produción de madeira", explica Oliveros. Ademais, a ordenación e limpeza dos cultivos reducirá drasticamente o risco de incendios.
 
O proxecto de recuperación de 5.400 hectáreas durará 10 anos e xerará unha media de 67 empregos, directos e indirectos e unhas rendas no ámbito forestal de preto de 42 millóns de euros.