Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Terra Rendible venderá a ENCE ata 6.000 toneladas de madeira de eucalipto este ano

Bosque semillas-particular 02.jpg

4 de abril de 2017.Os produtores de madeira de eucalipto agrupados na Asociación Terra Rendible venderán a Ence ata 6.000 toneladas este ano, segundo o acordo alcanzado entre Ence e a Asociación. Do rollizo procedente dos cultivos forestais de Ferrol Terra extraerase a celulosa nas fábricas de Ence, que se destinará principalmente á exportación. No tocante á lignina, o outro compoñente fundamental da madeira, será aproveitada para a produción de enerxía renovable nas mesmas fábricas.

O acordo firmado contempla primas á produción sostible de madeira que conte cos selos de certificación PEFC e FSC®. Con estas primas, Ence quere promover as mellores prácticas en materia de xestión responsable dos cultivos de madeira entre os produtores de eucalipto de Galicia. Ademais, o esquema de prezos definido, ten unha prima referenciada aos prezos internacionais da celulosa, polo que dito acordo recolle no prezo ao propietario as posibles variacións dos mesmos.