Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Propietarios forestais das Somozas organizan os seus cultivos forestais en coutos redondos para maximizaren o seu beneficio na venda de madeira

forest.jpg
21 de maio de 2016. Diferentes grupos de propietarios forestais das Somozas puxéronse de acordo para formar diferentes coutos redondos e vender a partir deles a súa madeira a Ence. A empresa transformará preto de 9.000 toneladas de madeira procedentes destes catro coutos redondos. Un couto redondo é unha  agrupación de parcelas lindeiras para a venda conxunta de madeira. O maior volume de rollizo permite abaratar os custos de aproveitamento da madeira, xerando unha maior rendibilidade para os produtores forestais. 
 
Ence prima economicamente a constitución de coutos redondos por parte dos propietarios. De acordo ao establecido nas tarifas oficiais de compra de madeira da empresa, que poden ser consultadas no sitio web de Ence, a compañía ofrece un sobreprezo por cada tonelada de madeira comprada desde un couto redondo. Dado o problema estrutural do minifundismo en Galicia, o feito de que os propietarios dos montes aborden conxuntamente as tarefas relacionadas coa produción madeireira permite optimizar custes á hora de aproveitar a madeira para enviala aos centros de transformación de madeira de Ence. E a empresa promove estas agrupacións compartindo o beneficio derivado destes aforros con eles. 
 
Os catro acordos alcanzados entre diferentes grupos de propietarios forestais das Somozas que teñen parcelas lindeiras permitíronlles constituír outros tantos coutos redondos en diferentes zonas do municipio. A madeira, unha vez cortada, será transformada nos centros de operacións de Ence en Pontevedra e Navia (Asturias).
 
Os acordos de couto redondo alcanzados por Ence e propietarios forestais das Somozas permiten impulsar as compras de madeira por parte da compañía no municipio coruñés. Ence adquiriu entre 2011 e 2014 unhas 2.900 toneladas anuais de madeira. Este ano, e tan só a través dos 4 coutos redondos xa constituídos, Ence adquirirá nas Somozas preto de 9.000 toneladas de madeira. 
 
A demanda internacional de celulosa procedente de cultivos forestais galegos xera o 30% dos empregos do sector forestal da comunidade autónoma. Así o establece o Informe sobre a contribución da fábrica de Ence en Pontevedra ao desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia. Este estudo, realizado seguindo a metodoloxía input-output do Instituto Galego de Estatística (IGE) sitúa en 5.100 o número de empregos directos, indirectos e inducidos xerados por Ence en Galicia. Máis de 4.000 destes empregos están relacionados coa actividade forestal. Un total de 800 postos de traballo xéranse na comarca de Pontevedra e están asociados ao proceso de transformación da madeira.