Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Promacer venderá a Ence entre 25.000 e 40.000 toneladas de madeira nos próximos 12 meses

_MRA2184.jpg

11 de decembro de 2015.- A Asociación de Produtores de Madeira de Cerdido (Promacer) subministrarán entre 25.000 e 40.000 toneladas de madeira de eucalipto a Ence no vindeiro ano. Este acordo vén consolidar a estable relación que veu forxándose dende comezos do 2012 entre a compañía e os produtores de Cerdido, con un concerto continuo de colaboración moi satisfactorio para ambas partes.

Este convenio tamén mantén primas aos produtores por conceptos como a xestión sustentable dos cultivos de madeira, incorporando novas primas para as plantacións que contén con dobre certificación (PEFC + FSC). Asimismo, favorece a outros sectores, como o do transporte, xa que esta actividade xera un tráfico de 1.700 camións que transportan as toneladas de madeira.

A cotización internacional da celulosa está facendo que o prezo da madeira acade en Galicia máximos históricos. Máxime cando as tarifas para compra de madeira de Ence vixentes desde xullo deste ano inclúen primas sobre o prezo base que se paga por cada tonelada de madeira e que están relacionadas coa evolución do valor da celulosa nos mercados internacionais. O prezo da celulosa está a moverse á alza. A celulosa que contén a madeira que venden os produtores galegos vale máis. E ese maior valor é compartido por Ence e os produtores forestais.

Ence traballa desde 2011 na construción de relacións directas cos produtores de madeira que van desde cómpraa-venda de rollizo á colaboración en áreas de traballo como a sustentabilidade dos cultivos ou as melloras en silvicultura destinadas a incrementar a produción de madeira por cada pé de eucalipto.