Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Produtores forestais de Trabada obteñen maior prezo na venda de máis de 8.000 toneladas de eucalipto ao agruparen as súas leiras lindeiras para ofertarlle a madeira a Ence

forest.jpg
20 de febreiro de 2016.- Produtores forestais de Trabada pecharon un acordo para venderlle a Ence, tras agruparen as súas leiras lindeiras nun couto redondo, máis de 8.000 toneladas de madeira. Esta aposta polo traballo conxunto permitiralles obter un maior beneficio por hectárea nas súas plantacións. A maior eficiencia á hora de proceder ao aproveitamento e traslado da madeira xera unha redución no custe final que esta ten posta en fábrica que Ence comparte cos seus provedores forestais.
 
A aposta de Ence polos coutos redondos ten por obxectivo mitigar o efecto negativo do impacto do minifundismo en toda a cadea monte-industria. Os coutos redondos son agrupacións de parcelas lindeiras para a venda da madeira. Cada propietario cobra por separado pola madeira que lle achega ao couto redondo. Pero percibe un valor superior ao que obtería se vendese individualmente a produción do seu cultivo forestal.
 
Desde xullo do pasado ano, Ence recoñécelle un valor adicional á tonelada de madeira vendida dende un couto redondo. O prezo que Ence ofrece pola madeira é público e pode consultarse a través de internet no sitio web de Ence (www.ence.es) ou na web da empresa para produtores forestais: www.compramosmadera.es.