Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Produtores forestais de Ribadeo obteñen maior prezo na venda de máis de 5.000 toneladas de eucalipto tras agruparse as súas fincas colindantes para ofertar o rollizo a Ence

Noviembre.jpg

11 de decembro de 2015.- Produtores forestais de Ribadeo pecharon un acordo para venderlle a Ence, tras agrupar as súas leiras colindantes nun couto redondo, máis de 5.000 toneladas de madeira. Esta aposta polo traballo conxunto permitiralles obter un maior beneficio por hectárea nas súas plantacións. A maior eficiencia á hora de proceder ao aproveitamento e traslado da madeira xera unha redución no custo final do rollizo posto en fábrica que Ence comparte cos seus proveedores forestais.

A aposta de Ence polos coutos redondos ten por obxectivo mitigar o efecto negativo do impacto do minifundismo en toda a cadea monte-industria. Os coutos redondos son agrupacións de parcelas colindantes á hora de vender a madeira. Cada propietario cobra por separado pola madeira que lle aporta ao couto redondo. Pero percibe un valor superior ao que obtería se vendese individualmente a produción do seu cultivo forestal.

Desde o 1 de xullo do presente ano, Ence paga unha prima adicional por tonelada de madeira vendida nun couto redondo. As primas varían en función da cantidade de madeira existente no couto redondo, e poden alcanzar ata os 4.5 euros por tonelada de pago adicional polo prezo da madeira.

O prezo que Ence ofrece pola madeira é público e pode consultarse a través de internet no sitio web de Ence (www.ence.es) ou na web da empresa para productores forestais: www.compramosmadera.es.

Productores forestais de Ribadeo xa comezaron a apostar polos coutos redondos. A operación que recentemente asinaron con Ence a partir dun couto redondo mobilizará entre 25 e 30 viaxes de camión para a transformación da madeira nas instalacións industriais de Ence.