Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Produtores de madeira de Narón venderanlle a Ence ata 6.500 toneladas de madeira ata novembro

madeira_amoread.jpg
2 de febreiro de 2016. Os produtores forestais de Narón integrados na asociación Terra Rendible venderanlle a Ence ata 6.500 toneladas de madeira ata o mes de novembro. Así se desprende do acordo alcanzado por Terra Rendible e Ence para a compra e venda de madeira. 
 
Ence compra madeira en Narón de forma habitual. De feito, nos últimos 3 anos a empresa destinou unha media de 540.000 euros anuais á adquisición de madeira e servizos forestais no municipio. De acordo aos datos do Informe sobre o Impacto Forestal de Ence en Galicia, presentado pola Cátedra Ence da Universidade de Vigo en outubro de 2015 e dispoñible no sitio web de Ence Pontevedra, a empresa compra cada ano no municipio naronense a madeira que se produce en 60 hectáreas de cultivos forestais.
 
Os produtores asociados en Terra Rendible benefícianse, con este acordo, do momento de máximos que rexistra o prezo da madeira en Galicia. Como é sabido, o prezo internacional da celulosa oscila. E desde o pasado ano Ence indexa o diñeiro que ofrece da madeira este indicador internacional. Deste xeito, a maior prezo da celulosa nos mercados globais, máis é a ganancia para os produtores de madeira. A celulosa vive nos meses actuais un momento de prezos altos.
 
O convenio alcanzado por Ence e Terra Rendible impulsa, ademais, as prácticas sustentables para a produción de madeira. Os produtores cobrarán estímulos adicionais se a súa madeira conta cos certificados que demostran que este se produciu de acordo aos máis estándares esquemas de sustentabilidade forestal. 
 
Ademais, o devandito convenio recolle as vantaxes da venda de madeira en coto redondo, o que facilita a xestión dos traballos de curta e saca e a posta en produción e xestión destas superficies agrupadas no futuro.