Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Os produtores forestais que traballan con Ence ven incrementados os seus ingresos polas últimas subas de prezos do mercado global da celulosa

Forestal_Cultivo.jpg
28 de novembro de 2015. A maior cotización internacional da celulosa, maior o valor da tonelada de madeira. As tarifas para compra de madeira de Ence vixentes desde xullo deste ano inclúen primas sobre o prezo base que se paga por cada tonelada de madeira e que están relacionadas coa evolución do valor da celulosa nos mercados internacionais. O prezo da celulosa está a moverse á alza. E as asociacións de produtores que xa asinaron convenios con Ence para a subministración de madeira comezan a notar os efectos positivos deste incremento. A celulosa que contén a madeira que venden vale máis. E ese maior valor compártese é compartido por Ence  e os produtores forestais. O prezo da madeira de eucalipto xa acadou máximos históricos.
 
De acordo ás tarifas de madeira vixentes, e que poden ser consultadas no sitio web de Ence na internet, a prima pola mellora no prezo da celulosa pode chegar a alcanzar ata os 7 euros por tonelada. Todo iso a partir dunha escala incorporada aos contratos de compra de madeira. Estes convenios tamén contemplan primas por outras cuestións como a xestión responsable e respectuosa co medio ambiente dos cultivos forestais, por exemplo. 
 
O prezo internacional da celulosa acadou xa as cotas máis altas dos últimos anos. A relación entre oferta e demanda así o determina nesta época. O ano pasado, a capacidade instalada de produción de pasta de celulosa en Europa caeu case un 15%. A demanda continuou á alza. Soben os prezos da celulosa. E Ence comparte os beneficios desta situación cos produtores de madeira. 
 
A vinculación dos prezos da madeira en orixe ao valor nos mercados da súa fibra, a celulosa, fortalece a medio e longo prazo ao sector forestal galego. Diferentes elos da cadea comparten os beneficios dos ciclos altos de prezo e afrontan esforzos conxuntos nos ciclos de prezos internacionais baixos. Con iso garántese a sustentabilidade das operacións para as diferentes partes da cadea forestal. O bo prezo actual da celulosa xera maiores ingresos aos produtores de madeira, ao acadar o valor corrente da tonelada de eucalipto máximos históricos.