Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Os principais indicadores ambientais de Ence Pontevedra melloraron en 2015 ata un 80% as esixencias legais

_K8B4132_peq.jpg
10 de maio de 2016. Ence Pontevedra incrementou persoal e produción en 2015, pero mantivo a senda de redución do impacto ambiental na que transita nos últimos anos. Os indicadores ambientais de Ence continuaron mellorando. Entre as principais melloras, en 2015, estivo unha importante redución das partículas emitidas ao aire, con melloras do 16.6% e do 25% nos dous focos de emisión da fábrica. Ou unha redución próxima ao 3.4% na cantidade de auga que se emprega para producir unha tonelada de pasta de papel.
 
Para o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, "os datos son bos, pero imos mellorar aínda máis a medida que vaiamos executando investimentos comprometidos na solicitude de prórroga". Refírese con iso, Casal, aos investimentos asociados á solicitude de prórroga e destinados a xerar un modelo de fábrica de transformación madeireira exemplar a nivel mundial polo seu comportamento ambiental. Estes investimentos, todas eles xa en fase de deseño, permitirán acadar un 90% na redución do consumo de auga e continuar mellorando tamén, de forma moi sensible, os principais indicadores asociados tanto ao efluente líquido da factoría coma ás emisións aéreas.
 
A Demanda Química de Osíxeno (DQO) da fábrica, o indicador máis importante no que ten que ver co seu efluente líquido, mantívose en 2015 preto dun 80% por baixo do límite máximo permitido pola norma BREF da Unión Europea. Tamén a Demanda Biolóxica de Osíxeno (DBO5), que tras os últimos cambios na normativa comunitaria non é un valor de referencia de obrigado cumprimento, rexistrou unha mellora do 10%. E mellora nun 65% por baixo das recomendacións da UE.
 
"Ence asume a norma como referencia, loxicamente, pero queremos ir moito máis alá", explica Casal. "Non podemos estar tranquilos cos nosos resultados ambientais ata que o cheiro da fábrica, por exemplo, só sexa un mal recordo do pasado. Ou ata que podamos acadar os niveis de excelencia que nos propuxemos e que forman parte dun paquete investidor de 61 millóns de euros que será fundamental. Á actual Ence non lle basta, en materia ambiental, con cumprir a lei. Queremos ser excelentes e exemplares".
 
Os datos ambientais de Ence en 2015 serán auditados por terceiros nas próximas semanas. A Declaración Ambiental, unha vez completado o proceso de auditoría, será pública no mes de xullo. En todo caso, quen así o queira pode coñecer os indicadores ambientais diarios da fábrica a través do sitio web www.encepontevedra.com.