Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Os clubs deportivos reciben as axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra

2706_Beatriz_Ci?scar_176.jpg

27 de xuño de 2017.- Tras realizar recentemente o acto de firma de convenios cos deportistas individuais para apoiar, na súa maioría, a preparación do ciclo olímpico Tokio 2020, nesta ocasión chega a quenda dos clubs. Estes ademais de traballar diariamente no deporte de base, compiten nas tres mellores categorías.

O programa inclúe a clubs de atletismo, futbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, natación e piragüismo dos concellos de Pontevedra, Poio e Marín. Algúns destes clubs, co apoio de Ence, puideron saír a competir a nivel nacional, como é o caso do Club Peixe Galego de Marín e a Sociedade Deportiva Teucro, que logrou recentemente o seu regreso á máxima categoría do balonmán nacional.

Esta liña de axudas permitirá a entidades representativas da comarca, como é o caso do Pontevedra CF, Sociedade Gimnastica, Leis Pontevedra, Natación Galaico, Piragüismo Poio, Cidade de Pontevedra FS. ou Club Balonmán Cisne, a reforzar a súa promoción do deporte de base, o que deixa patente a forte aposta que realiza Ence no Deporte.

Ence, sensible ao apoio ao deporte feminino, aposta polo esforzo que realizan as mulleres a través dos seus clubs. Con este plan reforzará e axudará ao Poio Pescamar FS. e ao Club Baloncesto Arxil, entidades con máis de vinte anos de traballo en prol do deporte feminino e que na actualidade son referentes nas súas especialidades. Esta aposta non fai máis que contribuír ao excelente estado do deporte feminino galego e español, quedando patente nos éxitos logrados recentemente a nivel nacional e internacional polas nosas deportistas.