Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

O Tribunal Supremo desestima senllos recursos do Concello de Pontevedra contra Ence

_K8B9960.jpg
29 de abril de 2016. O Supremo deulle a razón a Ence fronte ao Concello de Pontevedra tanto no relativo ao Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS) como á Autorización Ambiental Integrada (AAI) pola que opera a empresa. De acordo ao alto tribunal, o PSIS continúa tendo plena eficacia salvo na parte relativa ao antigo e desbotado proxecto de construír unha fábrica  de papel tisú.
 
Noutra sentenza, o Supremo desestima o recurso de casación do Concello sobre unha sentenza anterior que declaraba a validez da renovación en 2011 da AAI pola que opera Ence Pontevedra. Ningún dos dous fallos pode ser recorrido.
 
O Supremo comunicoulles o pasado xoves ás partes implicadas ambos fallos desestimatorios. No caso do recurso de casación que o Concello presentara sobre a vixencia do PSIS, a sentenza é especialmente contundente: afirma que existe "obstinación" no intento do Concello por "atribuír á sentenza -contra a que se presentaba recurso- un significado e alcance que non ten". Todo iso porque a institución local quería que se interpretase que esa sentenza declaraba a invalidez do PSIS, o cal non era certo. A sentenza recorrida era clara: determinaba que o PSIS  estaba en vigor salvo no relativo ao antigo proxecto de construír unha fábrica de papel tisú.