Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

O proxecto de secadero de biomasa aumentará a eficiencia enerxética da biofábrica de Ence Pontevedra

Ence-Las calderas.JPG
14 de xuño de 2018.- Ence ten previsto incorporar unha planta de secado térmico a baixa temperatura para as cortizas e biomasa da súa biofábrica de Pontevedra aproveitando calor residual dos seus procesos, que supoñerá un importante aumento da eficiencia enerxética da instalación. Tras as declaracións dos representantes da APDR realizadas nas últimas semanas, a compañía quere informar os seus veciños de que se trata doutro dos investimentos destacados do programa de melloras ambientais da súa biofábrica de Lourizán.
 
O proxecto supoñerá un investimento de 4 millóns de euros e contribuirá á optimización do comportamento ambiental da biofábrica, ao permitir aforrar máis de 5,3 millóns de kWh, que pode chegar ata un 75% de aforro enerxético no caso da prensa de cortizas.
O secado térmico ten como obxectivo eliminar ao máximo o grao de humidade das cortizas que serven de combustible á caldeira de biomasa de Ence-Pontevedra. Nos procesos de valorización enerxética da biomasa un factor crave a ter en conta é o Poder Calorífico Inferior (PCI,) que representa a cantidade de enerxía neta que se pode obter da biomasa.
 
O problema que presenta normalmente este tipo de biomasa é o seu alto grao de humidade, o que reduce considerablemente a súa poder calorífico. Para incrementar este poder calorífico é necesario reducir a humidade mediante procesos de secado, como o que proxecta Ence.
 
O método para levar a cabo devandito secado térmico a baixa temperatura consistirá en extraer a humidade da cortiza facendo pasar aire quente a unha temperatura de 60º C a través da mesma. Entre as vantaxes ambientais do procedemento pódese destacar a redución de emisións de CO2, a redución de consumo eléctrico nas torres de refrixeración, unha menor utilización da prensa de cortizas, así como a diminución no uso doutros combustibles para estabilizar a caldeira de biomasa.
 
O uso enerxético da biomasa, que é o principal combustible que utiliza a biofábrica de Lourizán nos seus procesos, constitúe un bo exemplo de Economía Circular. Trátase dun magnífico combustible renovable, autóctono e que evita o consumo de combustibles fósiles contaminantes como o fuel- oil. Ademais, contribúe á limpeza dos montes de Galicia evitando incendios e xera unha gran cantidade de emprego e dinamismo económico rural.
show_cookie_policy: 1