Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

O presente e futuro do eucalipto en Galicia, obxecto dun Foro Aberto este venres en Santiago

Árboles desde abajo 1.jpg
5 de abril  2016. "Presente e Futuro do Eucalipto en Galicia", ese é o título do Foro Aberto que este venres organiza Ence en Santiago de Compostela. O evento, aberto á participación de todas as persoas interesadas, terá lugar no Hotel Tryp da capital galega entre as 5 e as 8.30 da tarde. 
 
Na xornada participarán algunhas das voces máis expertas e autorizadas no sector forestal galego. Cada un dos especialistas realizará unha exposición e, a continuación, abrirase un tempo para as preguntas e o debate. 
 
Na tribuna de oradores estarán o profesor da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo e presidente da asociación de silvicultores Silvanus, Antonio de María Angulo, e o empresario madeireiro Daniel Villapol, un dos máis importantes de Galicia. Tamén intervirán a secretaria xeral de Confemadera Galicia, Ana Oróns, o empresario José Luis Souto Espiñeira, e o responsable de Investigación e Desenvolvemento para a mellora nas plantacións de eucalipto de Ence, Fernando Basurco.
 
Temas como a certificación forestal e a sustentabilidade dos cultivos, os usos da madeira de eucalipto, ou a importancia económica do eucalipto serán algúns dos que se debatan. O director de Ordenación Forestal de Ence, Alejandro Oliveros, actuará como moderador.