Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Mondoñedo véndelle a Ence preto de 1.700 toneladas de madeira cada mes

madei.jpg

23 de abril de 2016.Os produtores de madeira de eucalipto de Mondoñedo asociados en Promamondo venderanlle a Ence preto de 1.700 toneladas de madeira cada mes. En virtude do acordo que manteñen Ence e Promamondo, este volume de transaccións manterase ata outubro deste ano. O acordo entre Ence e Promamondo mobiliza unha media de entre 3 e 4 camións de gran tonelaxe cada día cargados con madeira desde a zona de Mondoñedo ata os centros de transformación madeireira de Ence.

Ence e os produtores forestais de Mondoñedo traballan conxuntamente desde hai décadas. A madeira mindoniense é transformada nas instalacións de Ence. A pasta de celulosa ecolóxica fabricada a partir da acha destínase principalmente á exportación. Os restos forestais non empregados para producir pasta de celulosa son valorizados enerxeticamente. As fábricas de Ence  producen por este método máis enerxía da que precisan para os seus procesos industriais.

O acordo de Ence e Promamondo contempla estímulos á produción de madeira sustentable que conte cos selos de certificación PEFC e FSC®. Con estes incentivos economicos á produción sustentable, Ence quere promover as mellores prácticas en materia de xestión responsable dos cultivos de madeira entre os produtores de eucalipto de Galicia. Ademais, o esquema de prezos definido establece pagos adicionais no caso de subida dos prezos internacionais da celulosa, algo que veu sucedendo nos últimos meses.