Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Máis do 62% da poboación de Pontevedra é partidaria da continuidade de Ence en Lourizán

1.jpg

27 de outubro de 2015. Unha ampla maioría da poboación de Pontevedra (o 62,2%) asegura que, se tivese tomar unha decisión acerca do futuro de Ence Pontevedra, optaría por manter a súa actividade. Esta porcentaxe aumenta no caso do municipio de Pontevedra, onde alcanza o 62,9% de partidarios da continuidade da fábrica de Lourizán, así como no de Marín, onde se sitúa no 63,3%.

Así se desprende do estudo de opinión elaborado polo instituto especializado en investigación de opinión Sondaxe para Ence. Para a enquisa, realizada durante o mes de setembro, traballouse cunha mostra de 600 persoas de Marín, Pontevedra e Poio. Todas elas foron entrevistadas telefónicamente. Da importancia do tamaño desta mostra dá conta unha comparación sinxela: as enquisas sobre intención de voto realizadas para as Eleccións Xerais, empregan unha mostra para toda España de 1.200 persoas. Ence realiza enquisas periódicamente e a mostra para Pontevedra é sempre de 600 persoas, o que aporta un máximo rigor aos datos do estudo. 

O apoio á fábrica incrementouse nun 52% nos últimos 10 anos. Nunha enquisa similar, en 2005, o 48% da poboación manifestábase a favor da permanencia. En 10 anos, os defensores da actividade económica e os postos de traballo que xera Ence pasaron do 48% ao 62,2% da cidadanía. A porcentaxe de detractores tamén se reduciu drásticamente.

Mentres tanto, o nivel de mellora da percepción de Ence e a súa actividade dispárase nos indicadores que ofrece o estudo de Sondaxe. Así sucede, por exemplo, cando se lle pregunta á cidadanía se nos últimos anos mellorou a actitude ambiental da empresa. O 75,1% da poboación responde afirmativamente: mellorou. Unha quinta parte da poboación (20,8%) opina o contrario. Un 4,1% afirma non ter opinión respecto diso.

Á hora de analizar as respostas á enquisa, realizáronse cruces co voto declarado polos entrevistados. De entre os que votaron ao BNG nas últimas eleccións municipais, o 50,5% creen que Ence debe continuar (un 42,3% opinan o contrario). Entre os votantes do Partido Popular, o 88,5% defenden a permanencia. No caso dos votantes do Partido Socialista, o 60,5% apostan pola permanencia. Esta cifra descende ata un 35,6% entre os votantes de Marea Pontevedra. En canto aos votantes de Cidadáns, o 87,5% apostan pola continuidade. E o mesmo sucede, ademais, entre un 64% dos que se abstiveron nas últimas Eleccións Municipais. 

 

Imaxes adicionais:

1A.jpg 2.jpg