Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Máis de 4,5 millóns de investimento na Parada Técnica de Ence Pontevedra, que comeza este luns

Ence_Pontevedra_Marea_Baixa.jpg
5 de marzo de 2015. Unha fábrica mellor, máis competitiva, e máis próxima á eliminación total de calquera impacto oloroso procedente da súa actividade. Así será o Centro de Operacións de Ence en Pontevedra cando se complete a Parada Técnica 2016 da factoría, que comeza este luns e durará 10 días. Ence destina a esta Parada máis de 4.5 millóns de euros, principalmente a melloras ambientais e melloras en eficiencia que permitirán á fábrica mellorar a súa eficiencia e, por tanto, manter a competitividade da celulosa galega nos mercados internacionais.
 
Máis do 50% do orzamento da Parada Técnica 2016 de Ence Pontevedra destínase a melloras ambientais. E estas melloras están centradas, principalmente, en diferentes proxectos para a eliminación do impacto oloroso. Incorporación de novas tecnoloxías, novos sistemas de control ou reformas de circuítos están entre as accións que garantirán que, ao termo da Parada, Ence teña dado un novo paso para a eliminación total do impacto oloroso da factoría.
 
Ence comezou a traballar no ano 2010 no Proxecto Olor Cero coa Universidade de Santiago de Compostela. Desde entón, desenvolvéronse solucións tecnolóxicas innovadoras para alcanzar este obxectivo. A empresa investiu máis de 4 millóns de euros no Plan Olor Cero entre 2010 e 2015. Cando finalice a Parada Técnica, o investimento total no proxecto desde o seu inicio ascenderá a 6.5 millóns de euros.
 
A empresa tamén traballa noutro innovador plan relacionado coa excelencia ambiental: o Proxecto Novo Ciclo da auga, que permitirá reducir un 90% o consumo de auga da fábrica en base á reutilización. O proxecto, que non está vencellado á presente Parada Técnica, aínda está en fase de deseño. A execución comezará nas vindeiras semanas.
 
Melloras en produtividade e eficiencia
 
Ence extrae a celulosa de madeira de eucalipto de Galicia e colócaa nos mercados internacionais. Asegurar a competitividade desta celulosa é fundamental xa non só para a empresa, senón para todo o sector forestal galego.
 
A empresa destinará 2 millóns de euros durante a Parada Técnica a melloras en eficiencia. Entre as principais liñas de traballo en eficiencia están a mellora no control do procesos ou a mellora da eficiencia enerxética, que permitirá continuar reducindo o consumo da fábrica.