Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Máis de 340 proxectos presentados na convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra

Ence en marea baja.JPG

28 de marzo de 2017.-A primeira Convocatoria de Axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra pechouse cun total de 342 proxectospresentados. Destaca o número de solicitudes presentadas nas áreas de Apoio ao Deporte de Base, con 121 solicitudes, e de Impulso ao Emprendemento e a Economía, con máis de 70 proxectos presentados. Os programas de Apoio á Educación e a Cultura, así como a Loita contra a Exclusión Social han recibido preto de 40 solicitudes cada un.

A Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental entre a Xunta de Galicia e Ence, composta por dous representantes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e outros dous de Ence, estudará os proxectos presentados ao longo das próximas semanas co máximo rigor e detemento, conforme aos criterios establecidos nas bases da Convocatoria. A concesión das axudas será acordada pola Comisión de Seguimento antes do próximo 30 de abril, data a partir da cal será comunicada aos solicitantes.

O Plan Social de Ence en Pontevedra, unha das iniciativas sociais de maior envergadura dunha empresa privada en España, vai constituír unha importante contribución á loita contra a exclusión social e a calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra e da súa comarca, así como á educación e ao coidado da contorna natural.

O Plan supón, doutra banda, un importante complemento do esforzo de Investimento que Ence está a levar a cabo na súa fábrica de Lourizán para seguir garantindo a súa excelencia ambiental e aumentar a súa capacidade de produción e, en consecuencia, a creación de emprego en Pontevedra e Galicia.