Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A integración paisaxística de Ence-Pontevedra contemplará todas as ampliacións da biofábrica

Integración.jpg
13 de xuño de 2016.- Os novos edificios e instalacións que contempla o plan de melloras da biofábrica de Ence en Pontevedra serán incorporados nas actuacións de integración paisaxística que a compañía está a levar a cabo, polo que o seu impacto visual será mínimo.
 
Resulta sorprendente agora a preocupación polo impacto visual da biofábrica de Ence mostrada polo Concello de Pontevedra, dado que está a entorpecer a execución do proxecto de integración paisaxística expondo trabas administrativas que exceden do seu ámbito de competencia.
 
Doutra banda, ditas ampliacións non van ocupar de ningún modo terreos protexidos. Todas as intervencións faranse ao amparo do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS) ao que está suxeito a biofábrica de Lourizán e coas debidas autorizacións das administracións competentes.
 
Ence-Pontevedra puxo en marcha unha iniciativa pioneira na industria española para integrar na paisaxe a súa biofábrica de Lourizán, para o que convocou un concurso internacional de arquitectura que contou coa participación de 102 proxectos. Un xurado formado por prestixiosos arquitectos e expertos en paisaxismo seleccionou como gañador o proxecto "Materia Propia" do estudo Orts-Trullenque.
show_cookie_policy: 1