Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A biofábrica de Ence en Pontevedra cumpre rigorosamente a máis esixente lexislación ambiental

028A5534.jpg
16 de xuño de 2018.- A biofábrica de Ence-Pontevedra cumpre rigorosamente a máis esixente lexislación e normativa ambiental, europea e española, e é un claro exemplo de absoluto respecto polo medioambiente, de contribución á Economía Circular, así como de creación de emprego e dinamismo económico de Galicia, moi especialmente rural.
 
Así o destaca a compañía ante as protestas convocadas para este sábado, e como testemuñan os parámetros ambientais que publica diariamente Ence na súa web, que poñen de manifesto que non prexudica en absoluto á contorna natural e están permanentemente por baixo dos límites establecidos pola súa esixente Autorización Ambiental Integrada.
 
Ademais, Ence seguirá investindo e traballando coa máxima dedicación para que a súa biofábrica de Lourizán conte coas tecnoloxías máis avanzadas e contrastadas, a fin de seguir garantindo a súa excelencia ambiental e mellorar, día a día, a súa fiabilidade ambiental e a súa eficiencia e autosuficiencia enerxética.
 
Doutra banda, Ence quere lembrar que máis de 5.000 familias galegas dependen do funcionamento da biofábrica de Lourizán, a maior parte delas no ámbito rural da comunidade, dado que a compañía é o principal comprador de madeira de Galicia. Doutra banda, preto de 1.000 empregos directos e indirectos de Pontevedra dependen da actividade da planta.
 
Ence-Pontevedra constitúe unha das máis importantes achegas galegas á bioeconomía, dado que os procesos produtivos da biofábrica baséanse na utilización de materias primas de orixe biolóxica, renovable e autóctono. Así mesmo, case toda a madeira que Ence compra en Galicia está certificada por FSC®, o que garante que é xestionada de maneira responsable e sustentable. Ademais, os seus produtos son totalmente reciclables e contribúen á Economía Circular, así como á mitigación do cambio climático -pois son un auténtico almacén de carbono-. Doutra banda, a celulosa é cada vez máis utilizada para substituír produtos derivados do petróleo e contaminantes con novos materiais respectuosos co medioambiente.
show_cookie_policy: 1