Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Éxito de público na celebración do galardón ambiental europeo a Ence-Pontevedra

ence1.jpg

8 de novembro de 2015.- A celebración para conmemorar a concesión pola Comisión Europea á fábrica de Ence en Pontevedra da Categoría Ouro do Regulamento Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS) foi todo un éxito de asistencia e organización. O gran apoio á planta fíxose patente coa participación de máis de 6000 persoas nas actividades de celebración deste importante galardón polo que se recoñece o compromiso ambiental da compañía.

No acto que tivo lugar na Praza de Touros de San Roque, tomaron a palabra Antonio Casal, director da fábrica; os Presidentes do Comité de Fábrica e Oficinas Pedro Soto e Ana Cedeira; Agustín Nogueira, presidente da Plataforma Proindustria, así como Jacobo Feijóo, secretario xeral da asociación forestal ASEFOGA e Carmen Santiago protagonista da campaña de publicidade 'Compromiso cos Veciños'. Todos eles destacaron o gran labor realizado polos traballadores e traballadoras na mellora ambiental experimentada pola fábrica, así como a gran importancia da mesma na cidade de Pontevedra e os beneficios da súa permanencia na Ría.

Os asistentes entre os que se atopaban traballadores de Ence e empresas auxiliares, transportistas, suministradores forestais, institucións, asociacións empresariais e culturais, familiares, amigos e veciños de Pontevedra, Marín e Poio, apoiaron a continuidade de Ence en Lourizán coa súa presenza e gozaron dunha tarde ce celebración, con amenidades e atraccións para todos os públicos.