Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence traballa na creación dunha comisión para apoiar o seu Programa Social na bisbarra

Fábrica Pontevedra 2.JPG
19 de xullo de 2016. Ence quere impulsar a posta en marcha do seu programa social na cidade de Pontevedra e a súa bisbarra, ao que destinará ata 3 millóns de euros anuais. Con este obxectivo, e para lograr unha mellor identificación de iniciativas, Ence convidou recentemente aos concellos de Marín, Poio e Pontevedra, e á Deputación de Pontevedra, a integrarse nunha comisión permanente que colaborará na elaboración do Programa Social de Ence, así como no seguimento das actividades que se poñerán en marcha.
 
O Pacto Ambiental asinado o pasado 30 de xuño pola Xunta de Galicia e Ence, destacaba o pleno compromiso da compañía coa responsabilidade social, o respecto ás persoas, a súa seguridade e o seu desenvolvemento, así como co medio ambiente e a sustentabilidade. Así, o Pacto recolle a implementación do mencionado Programa Social para a "concesión de axudas, bolsas, contratos e outros métodos de financiamento necesarios para a realización de proxectos, estudos, investigacións e outros traballos da mesma índole".
 
De acordo á visión de Ence, a participación das administracións públicas que foron convidadas a integrarse na comisión -da que participará tamén a Xunta de Galicia-, resulta do máximo interese. O seu coñecemento da realidade social da bisbarra fará que resulten máis eficientes para a sociedade os recursos achegados por Ence para o desenvolvemento económico-social e a mellora do medio ambiente de Pontevedra e, especialmente, da súa Ría.