Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence situará en Ortigueira o seu terceiro centro de bioenerxía en Galicia

Astillas.JPG
8 de xuño de 2016. Ence - Enerxía e Celulosa poñerá en marcha en Ortigueira (A Coruña) o terceiro dos tres centros de bioenerxía que a compañía prevé crear ao longo dos próximos meses en Galicia. O novo centro, que aproveitará o actual parque de madeiras da localidade, especializarase na captación e astillado de madeira de eucalipto e de piñeiro que servirá como biocombustible de instalacións térmicas renovables de calefacción e auga quente sanitaria, substituíndo a combustibles fósiles e non autóctonos como o gasóleo.
 
O Centro de Bioenerxía de Ence en Ortigueira prestará, así mesmo, servizos de aluguer e formación de avanzada maquinaria forestal, o que axudará non só a unha maior produtividade e competitividade senón a unha mellora da seguridade nas actividades forestais.
 
As instalacións de Ence tamén se dedicarán á venda de plantas e sementes melloradas de eucalipto, o que permitirá aos propietarios forestais mellorar sensiblemente o rendemento na produción da madeira. O centro tamén comercializará especies autóctonas o que axudará a potenciar a biodiversidade e a recuperación das devanditas especies para cumprir os máis rigorosos estándares de certificación forestal sustentable.
 
Ence dispón actualmente en Ortigueira dunha oficina forestal e un parque de madeira de eucalipto. As instalacións están situadas nunha importante e activa área forestal, con forte presenza de propietarios forestais, subministradores e asociacións de propietarios.
 
Os novos centros de bioenerxía que Ence poñerá en funcionamento en Galicia forman parte do compromiso de investimento e xeración de emprego que se impuxo a compañía na comunidade, tras a prórroga da concesión da fábrica de celulosa en Pontevedra. O investimento previsto por Ence nestes centros contribuirá á xeración de 24 novos empregos e beneficiará a todo o sector forestal ao mellorar a capacidade de transformación de madeira galega para a súa comercialización en forma de biocombustible.