Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence selecciona a Vimianzo como localización dun dos seus novos centros de bioenerxía en Galicia

Astillas foto para web.jpg
30 de maio de 2016. - Ence Energía y Celulosa seleccionou a Vimianzo (A Coruña) como emprazamento para situar un dos tres centros de bioenerxía que a compañía prevé poñer en marcha en Galicia. O actual Parque de Madeiras de Ence da localidade, inaugurado hai poucos meses e que dá servizo a provedores locais e de pequeno tamaño, será transformado nun avanzado centro adicado á captación e astillado de madeira de eucalipto e de piñeiro. 
 
Esa acha (astilla) de madeira servirá como biocombustible de instalacións térmicas renovables de calefacción e auga quente sanitaria, substituíndo a combustibles fósiles e non autóctonos como o gasóleo.
 
A instalación contribuirá, doutra banda, ao impulso e á modernización da actividade forestal da comarca mediante o aluguer de moderna maquinaria forestal e a formación na súa utilización. Con iso, preténdese mellorar a competitividade do sector forestal en Galicia e aumentar a seguridade das persoas nestas actividades.
 
Ademais, o Centro de Bioenerxía de Ence en Vimianzo especializarase na venda de plantas e sementes de eucalipto, así como especies autóctonas para potenciar o rendemento na produción de madeira, a biodiversidade e a recuperación de especies autóctonas para cumprir os máis rigorosos estándares de certificación forestal sustentable.
 
Os novos centros de bioenerxía que Ence ha poñer en funcionamento en Galicia forman parte do compromiso de investimento e xeración de emprego que se impuxo a compañía na comunidade, tras a prórroga da concesión da fábrica de celulosa en Pontevedra. O investimento previsto por Ence nestes centros contribuirá á xeración de 24 novos empregos e beneficiará a todo o sector forestal ao mellorar a capacidade de transformación de madeira galega para a súa comercialización en forma de biocombustible.