Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence recibirá ata 15.000 toneladas de madeira nos próximos 6 meses da Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira (PROMACE)

FORES-.jpg

24 de novembro de 2015.- A Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira (A Coruña) venderá a Ence ata 15.000 toneladas de madeira nos próximos seis meses. O acordo forma parte dunha serie de convenios de gran importancia para a mellora da transparencia do mercado da madeira, ao fomentar a venda de madeira a tonelada, co que o propietario cobra o que realmente produce a un prezo transparente.

O acordo vén impulsar a venda de madeira a tonelada (a resultas) con primas por dobre certificación (PEFC e FSC) e vinculada ao prezo da pasta con revisións trimestrais do mesmo. Este modelo de indexación favorece a transparencia no mercado, cobrando aos produtores pola cantidade producida, cun prezo por tonelada fixado en contrato.

Segundo o convenio alcanzado, o prezo de compra da madeira se indexará cada 3 meses co da pasta de celulosa. Os produtores de madeira comparten así beneficios coa empresa no caso de que o prezo da pasta suba durante o prazo no que o contrato se manteña vixente.

Os propietarios de parcelas lindeiras poderán, ademais, obter un maior rendemento económico dos seus cultivos se se agrupan para proceder á venda conxunta, posibilitando así unha maior eficiencia nos labores de aproveitamento e retirada da madeira. Este tipo de agrupación do voo de parcelas, denominado couto redondo, comeza a funcionar con éxito en comunidades autónomas de gran produción forestal como Galicia. A prima ofrecida por Ence á constitución de coutos redondos oscila entre 1 euro adicional por tonelada de madeira vendida a cada produtor para coutos redondos de máis de 1.000 toneladas ata os 4,5 euros por tonelada para unións de parcelas que somen 10.000 ou máis toneladas de madeira.

A Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira ten a intención de facer que o monte sexa motor de desenvolvemento económico e social para todos os propietarios forestais independentemente de cal sexa a súa superficie.