Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence rebaterá as falsidades e acusacións do "Libro Branco"

_K8B9960.jpg

3 de novembro de 2015. Ence traballa nun documento que achegará información de calidade sobre a súa realidade, difundindo datos verídicos e contrastados por terceiros sobre a actividade do Centro de Operacións de Lourizán. Así o decidiu a empresa tras comprobar que o "Libro Branco" sobre a súa actividade é un texto no que só abondan as mentiras, as verdades a medias e as inexactitudes.

A manipulación e a utilización política de Ence por parte do colectivo que impulsou o "Libro Branco" e as organizacións políticas para as que traballa non son novas. De feito, dende hai anos tanto desde APDR como desde algúns outros sectores políticos estimábase o emprego xerado por Ence en 200 persoas. E acusaban e Ence de mentir cando a empresa falaba de máis de 350 traballadores. Agora o Libro Branco achega a cifra de 366 empregados contratados directamente por Ence en Pontevedra, dándolle a razón á empresa. Pero non se refiren aos centos de traballadores da comarca que traballan directamente e de forma estable para contratistas de Ence, por exemplo. Seguen a manexar a información de forma tóxica.

A transformación da antiga fábrica estatal

Os actuais propietarios de Ence asumiron o control da empresa en 2006. Desde entón, Ence realizou importantes esforzos e empregado todos os recursos necesarios para converter unha antiga fábrica estatal nun modelo de sustentabilidade do seu sector. E os datos da súa actividade demostran que a transformación que experimentou sitúaa como unha referencia da industria da celulosa en Europa. A propia Comisión Europea acaba de facer un recoñecemento a Ence Pontevedra pola súa traxectoria ambiental nos últimos 15 anos.

O "Libro Branco" obvia melloras, falsea datos e confunde outros. E mesmo verte dúbidas sobre a súa achega ao desenvolvemento económico sen achegar información de fonte solvente ningunha.

A empresa responderá achegando datos, propios e de terceiros, relacionados tanto con temas ambientais como relativos ao impacto económico real e outras cuestións relativas a Ence. Na parte medioambiental achegarase información tanto sobre a calidade do aire de Pontevedra como sobre os problemas que padece a Ría e que, de acordo ao ditaminado pola Comisión Europea, están relacionados con coliformes fecais procedentes dos problemas de depuración de augas domésticas. Este problema, que afecta gravemente ó marisqueo, foi ocultado durante anos polos que din defender a Ría. Na parte económica achegarase información sobre o sector forestal galego, ou o papel que nel ten Ence como industria dinamizadora.