Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence proponlles a entidades e colectivos vencellados coa Ría a creación dun espazo de encontro permanente destinado a a "sumar esforzos" pola recuperación da calidade das augas

ria_de_pontevedra_ence_FOTO_de_JUANTIAGUES.jpg
4 de xuño de 2016. "Desde Ence propoñemos a creación un espazo de encontro permanente que facilite que as organizacións e colectivos relacionados coa Ría nos reunamos periodicamente para intercambiar datos, opinións, inquedanzas e propostas". Así reza un dos parágrafos da carta de invitación que Ence está a enviarlles a un total de 16 entidades e colectivos vencellados á Ría de Pontevedra para a súa incorporación a esta iniciativa. A misiva, que envía o director de Ence Pontevedra, Antonio Casal, debe ser o primeiro paso para a creación dunha comisión ou grupo de traballo permanente pola Ría. 
 
E é que, tal e como lembra Ence na súa carta, "demostrouse que o precario das relacións entre nós non beneficia a ninguén e prexudica á Ría e, moi especialmente, á calidade das augas e ao marisqueo". Así o demostra a recente sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo polos problemas de depuración das augas domésticas dos núcleos de poboación ribeiregos. "A suma de esforzos, o traballo conxunto, forma parte do debe das diferentes organizacións, empresas e colectivos que dunha ou outra forma temos relación permanente coa Ría", afirma Casal na súa misiva.
 
Proposta aberta
 
A empresa aclara na súa carta que a súa é unha proposta "aberta" que poderá ser "enriquecida polos diferentes colectivos que desexen sumarse e/ou participar desta iniciativa". A empresa deixa claro, iso si, o obxectivo que considera todos os colectivos deben perseguir: "Dinamizar as nosas relacións para impulsar, así, a solución dos problemas, actuais e potenciais, da Ría de Pontevedra".
 
Os destinatarios da carta son as 3 confrarías do fondo da Ría, a Plataforma polo Saneamento da Ría, a Asociación de Pescadores Tenlo de Marín, a Autoridade Portuaria, a Asociación de Hoteis da Cidade de Pontevedra, Vaipolorrío, APDR, AJE, AEMPE, a Cámara de Comercio, Viaqua, Augas de Galicia, Intecmar e a Plataforma Pro-Industria de Pontevedra.
 
Na misiva, Ence comprométese a "informar a esta comisión ou grupo de traballo toda a información da que dispón e/ou se lle requira relacionada coa súa actividade, proceso de depuración, etc".