Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence-Pontevedra volve mellorar os seus resultados ambientais durante o primeiro semestre de 2018

Playa de Lourido y Ence.JPG

26 de xullo de 2018.- Durante os seis primeiros meses do ano, a biofábrica de Ence en Pontevedra volveu mellorar os seus resultados ambientais respecto dos límites fixados na súa Autorización Ambiental Integrada. Así, todos os parámetros que miden a calidade ambiental do efluente da planta melloraron, entre os que cabe destacar a Demanda Química de Osíxeno -DQO-, que mellorou nun 36% o límite establecido pola AAI da biofábrica.

A evolución deste dato consolida os avances que a biofábrica veu realizando na calidade do seu efluente final. Ademais, hai que resaltar que a DQO de Ence-Pontevedra mellorar nun 77% o límite máximo que marca a normativa europea BREF de mellores prácticas ambientais do sector da celulosa para este parámetro.

Os sólidos en suspensión, outro dos indicadores clave do comportamento ambiental da biofactoría de Ence en Lourizán, foron uns 59% inferiores ao máximo autorizado pola súa Autorización Ambiental Integrada. Así mesmo, a biofábrica pontevedresa logrou situar o caudal do seu efluente un 28% por baixo do límite máximo marcado pola AAI da instalación.

Os indicadores ambientais da biofábrica de Lourizán sitúan á factoría á vangarda do seu sector no mundo en desempeño ambiental. A biofábrica de Lourizán ten implantado os modelos de xestión ambiental máis avanzados: un Sistema Integrado de Xestión de acordo a normas ISO e certificado por AENOR. Ademais, o Centro está adherido ao Regulamento EMAS da Unión Europea, sendo a primeira fábrica de Galicia en acceder a este esixente compromiso voluntario.

Ence publica diariamente no sitio web encepontevedra.com todos os parámetros ambientais da súa biofábrica de Pontevedra, unha iniciativa pioneira e única na industria da celulosa, que proba a calidade dos resultados ambientais da planta.

show_cookie_policy: 1