Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence Pontevedra doa unha furgoneta á Confraría San Telmo de Pontevedra

IMG_5688.JPG
8 de febreiro de 2018.- Responsables da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, recibiron hoxe unha furgoneta isotérmica que permitirá o transporte da mercancia extraida polas mariscadoras entre os puntos de control e a lonxa de Campelo.
 
Ao acto de entrega deste vehículo, celebrado esta mañá no posto de control de Meixal (Lourido), acudiron o Patrón Maior da Confraría, César Rodriguez, e o director territorial de Ence, Antonio Casal.
 
A doazón que se materializou hoxe, enmárcase dentro do Convenio de Colaboración da I Convocatoria do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de Ence, asinado entre a fábrica de Lourizán e a Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra. Froito desta actuación conxunta, as partes comprométense a apostar polo impulso ao emprendemento e a economía.
 
Dentro deste primeiro convenio de colaboración entre Ence Pontevedra e a Confraría contémplase tamén o financiamento dos salarios do persoal de oficina e a instalación dun portalón de seguridade no punto de control do Ameixal.
show_cookie_policy: 1