Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence-Pontevedra contribuirá á ampliación da EDAR dos Praceres por solidariedade cos seus veciños

028A4751.jpg
18 de xuño de 2018.- Segundo publicaron diversos medios de comunicación, na sesión plenaria do Concello de Pontevedra do pasado venres 15, na que se debateu sobre a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres, a concelleira de urbanismo, Carme da Silva, afirmou que a proposta de saneamento que se debatía era "un proxecto para beneficiar exclusivamente a Ence".
 
Co obxectivo de que os veciños de Pontevedra dispoñan de información rigorosa, Ence Enerxía e Celulosa vese na obrigación de precisar que a compañía non ten ningunha relación coa EDAR dos Praceres, posto que o efluente da súa biofactoría en Lourizán non é tratado na devandita estación.
 
Ence-Pontevedra conta cunha depuración de augas propia e totalmente independente da EDAR, que garante permanentemente a calidade do seu efluente, así como o estrito cumprimento dos parámetros ambientais establecidos pola Autorización Ambiental Integrada da biofábrica.
 
Por último, Ence quere destacar que a compañía destinará 15 millóns de euros para a modernización e mellora da EDAR dos Praceres, como mostra de solidariedade cos veciños de Pontevedra e os mariscadores, iniciativa que forma parte dos compromisos e da responsabilidade social de Ence coa súa contorna.
show_cookie_policy: 1