Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence Pontevedra celebra cos seus traballadores, provedores e amigos a distinción da UE á súa traxectoria ambiental 2000-2015

_K8B4132.jpg

5 de novembro de 2015. Detrás da mellora ambiental experimentada por Ence nos últimos 15 anos está o traballo dos empregados da compañía, de moitas empresas contratistas ou de universidades que colaboraron no deseño de proxectos. Por iso é polo que Ence decidiu organizar un evento conmemorativo para a celebración desta distinción.

A empresa, os seus traballadores e familias e amigos,  contratistas dos sectores pontevedrés e galego da industria auxiliar, e provedores de madeira de diferentes puntos da comunidade autónoma sumaranse á festa. O evento celebrarase na Praza de Touros este sábado 7 de novembro. Ás 5 abriranse as portas, e ás 6 comezará a programación festiva. No evento haberá dúas actuacións musicais. Ademais, desenvolveranse actividades infantís, entre as que se inclúe un taller no que os máis pequenos poderán producir papel a partir de pasta de celulosa.

Para Ence é unha satisfacción conseguir esta distinción da Comisión Europea. Con todo, a empresa quere ir moito máis alá. De aí plans como o proxecto de integración arquitectónica da fábrica, os relativos á finalización definitiva de calquera impacto oloroso, ou o denominado "Novo Ciclo da Auga": con este último, Ence Pontevedra quere reducir nun 90% o seu consumo de auga.