Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence ofrece un Pacto Ambiental a Galicia con compromisos de investimento de ata 176 millóns de euros

_MRA2169 (peq).jpg
29 de abril de 2016. Ence Energía y Celulosa presentou unha solicitude de Pacto Ambiental con Pontevedra e Galicia, no que lles ofrece a todas as administracións e á sociedade galega investimentos que poderían alcanzar os 176 millóns de euros. A solicitude, que foi formalizada mediante escrito remitido pola compañía á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, contempla actuacións nas súas actuais instalacións encamiñadas a garantir o obxectivo de Ence de xerar actividades económicas sustentables na Ría de Pontevedra e compatibles co medio ambiente. 
 
En liña co compromiso de Ence con Galicia a solicitude recolle, así mesmo, a creación dos tres centros de bioenerxía anunciados recentemente pola compañía, que suporán un investimento de 20 millóns de euros. Estes centros estarán adicados á captación e astillado de madeira de eucalipto e de piñeiro e contribuirán tamén a seguir impulsando a diversidade do monte galego.
 
Ademais, o compromiso de Ence con Galicia e Pontevedra, así como de colaboración coas distintas administracións locais, tamén se reflicte na proposta dun novo centro de I+D Forestal, que ocuparía unha parte das instalacións do Pazo de Lourizán e que tamén contribuirá á creación de novos empregos cualificados. Dado que para o correcto funcionamento do centro especializado é preciso contar cunhas instalacións en bo estado e adecuadamente dotadas, Ence destinaría ata 5 millóns de euros ao proxecto de restauración co que, ademais, contribuiría a solucionar definitivamente a súa actual situación de deterioro.
 
Na súa proposta, Ence propón que "o Pacto Ambiental sexa a canle de promoción de todas as estratexias e accións" destinadas a continuar facendo da súa fábrica de Pontevedra un referente ambiental mundial e a favorecer a zona de influencia do seu Centro de Operacións de Pontevedra. Por iso expresa o "compromiso de colaborar" para a consecución destes obxectivos "con outras administracións públicas e, en especial coa Deputación Provincial de Pontevedra e cos concellos de Pontevedra, Poio e Marín".
 
A estes proxectos sumaríanse outros en melloras ambientais e de eficiencia enerxética na fábrica xa anunciados nos últimos meses e que suporán investimentos de ata 131 millóns de euros en Lourizán. Entre eles están o Proxecto Novo Ciclo da Auga, a mellora da eficiencia de coxeneración con biomasa, e a execución do proxecto de Integración Paisaxística, así coma un investimento de 2 millóns de euros para reducir o impacto acústico da fábrica.
 
Na solicitude de Pacto inclúense, así mesmo, os 15 millóns de euros anunciados por Ence para colaborar coa mellora da EDAR dos Praceres. Este investimento é fundamental para acabar co problema que sofre a Ría de Pontevedra polas verteduras de augas fecais procedentes dos núcleos de poboación da Ría (non da fábrica de Ence).
 
A proposta de Pacto tamén contempla destinar 1 millón de euros á construción dun campo de fútbol en Lourizán, dando así resposta, como mostra do seu compromiso cos veciños, á demanda veciñal destas instalacións e ao impulso ao deporte de base na comarca da cidade de Pontevedra.