Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence ofrece a súa colaboración e financiamento para solucionar definitivamente os problemas da depuradora de Pontevedra

foto no AEDAR.jpg
11 de marzo de 2016. A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sobre o incumprimento de Pontevedra en materia de depuración das augas residuais urbanas, pon de manifesto os serios problemas de contaminación da Ría por augas fecais que teñen a súa orixe nas augas residuais urbanas, ou sexa, nas augas domésticas. 
 
Trátase dun problema que non só a propia Ence, senón colectivos como as confrarías de mariscadoras puxeron de manifesto desde hai anos, e que non é en absoluto responsabilidade da empresa. 
 
O mal funcionamento da EDAR dos Praceres (ubicada xusto a carón das instalacións de Ence) xera a maior parte dos días do ano un problema de malos cheiros do que se responsabiliza inxustamente ao funcionamento da fábrica de Ence en Lourizán, que nada ten que ver con esas molestias.
 
Ence, dentro do seu compromiso de colaboración cos seus veciños da cidade de Pontevedra e a súa comarca, vai propoñer a todas as administracións públicas implicadas colaborar no financiamento da ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais de Pontevedra e resolver así, definitivamente, a depuración das augas, así como o mal cheiro da EDAR dos Praceres situada nas inmediacións da fábrica.