Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence mercará ata catro camións de madeira cada día nas Somozas durante o primeiro semestre do ano

_MG_4321 HDR_peq.jpg
19 de xaneiro de 2016. Unha media de entre 3 e 4 camións cargados con madeira cultivada por produtores das Somozas (A Coruña) sairán con destino ás fábricas de Ence cada día no primeiro semestre do ano. Así se desprende do acordo de compre-venda de madeira alcanzado pola principal empresa de transformación madeireira de Galicia e a Asociación de Produtores de Madeira de Somozas (Promaso). Ence comprará ata 10.000 toneladas de madeira de eucalipto somocense ata o mes de xuño.
 
O acordo foi asinado pola empresa e Promaso contempla incentivos á produción sustentable de madeira: os socios da agrupación somocense de madeireiros obterán máis diñeiro por cada tonelada de madeira vendida no caso de que esta conte cos selos de certificación PEFC e FSC®. Con estes incentivos á produción sustentable, Ence quere promover as mellores prácticas en materia de xestión responsable dos cultivos de madeira entre os produtores de eucalipto de Galicia. E é que a madeira galega de eucalipto, unha vez transformada por Ence, ten por destino principalmente países do norte de Europa con consumidores con gran conciencia ambiental dispostos a pagar máis por produtos respectuosos coa natureza.
 
O acordo asinado por Ence e os produtores das Somozas benefíciase do bo momento histórico de prezos da madeira derivado da cotización internacional da celulosa. A materia prima a partir da que se desenvolven produtos papeleiros experimentou un importante incremento de prezo en 2015. E Ence vencella nas súas ofertas aos produtores de madeira o prezo que paga pola tonelada de rollizo co prezo internacional da fibra de celulosa. A empresa comparte así cos produtores de madeira o beneficio adicional dos momentos de prezos altos. Ademais, xera un esquema flexible e transparente de ofertas polo prezo da madeira que permite manter a competitividade da celulosa galega nos momentos cíclicos de prezos baixos da materia prima.
 
O acordo alcanzado por Ence e Promaso vén sumarse a outros alcanzados na mesma comarca nos últimos meses. Outros municipios da área de Ferrol como Cedeira ou Valdoviño están véndenlle a Ence importantes cantidades de madeira cada ano.