Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence mantén o desenvolvemento de todos os proxectos de investimento comprometidos en Galicia

Imagen Ence.jpg

17 de xuño de 2016. Ence - Energía y Celulosa segue traballando no desenvolvemento dos proxectos de investimento anunciados en Galicia logo da prórroga da concesión do seu centro de operacións de Pontevedra. Entre estes proxectos cóntase a instalación dunha planta de xeración de biomasa de baixa emisión en Lourizán, iniciativa que non é incompatible co anuncio de investimento efectuado onte pola compañía de construción doutra planta de biomasa de baixa emisión en Huelva.

Ademais, Ence traballa a fondo nos restantes investimentos comprometidos, que alcanzarán un importe de 61 millóns de euros e irán destinadas a lograr importantes melloras de eficiencia e a seguir garantindo a fiabilidade e a excelencia ambiental da súa fábrica de Pontevedra, máis aló das súas obrigacións legais.

Neste sentido, hai que mencionar a instalación dun novo ciclo da auga, que fará posible recuperar gran parte da auga do proceso e minimizar o volume do efluente. Ademais, Ence continuará coa eliminación de cheiros, de ruídos e de vapores. Tamén cabe destacar a execución do proxecto de integración paisaxística da súa fábrica de Lourizán, que achegará unha significativa mellora da súa presenza visual na Ría de Pontevedra.