Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence levou a loita biolóxica contra o gurgullo do eucalipto a máis de 34.000 hectáreas, máis do dobre do previsto

lbiol.jpg

23 de outubro de 2016. A coordinación entre Ence e asociacións de produtores forestais de Galicia permitiulle á empresa levar a loita biolóxica contra o Gonipterus, o gurgullo do eucalipto, a 34.163 hectáreas de Galicia. Os avances en I+D de Ence foron determinantes para acadar este fito. A loita biolóxica contra o gurgullo é fundamental para o sector forestal galego. O Gonipterus xéralles aos produtores forestais de Galicia perdas por valor duns 25 millóns de euros ao ano.

O Anaphes Nítens é un insecto de vida curta e o seu ciclo vital está vencellado, ademais, ao do propio Gonipterus. Só pode reproducirse a partir dos ovos deste último.  

Ence logrou xerar importantes melloras técnicas na reprodución do Anaphes Nítens. E por iso é polo que a empresa foi quen de tratar, bioloxicamente, máis de 34.000 hectáreas este ano. Preto de 15.400 hectáreas tratáronse na campaña de primavera. Unhas 18.800 tratáronse no outono. E os primeiros resultados considéranse moi positivos.

O problema do Gonipterus

O gurgullo do eucalipto é responsable de perdas anuais duns 800.000 metros cúbicos de madeira de eucalipto. Trátase da madeira que é necesaria, por exemplo, para producir 220 millóns de paquetes de 500 follas de papel.

Para combater a praga, Ence reproduce a mosquiña que parasitiza ao Gonipterus e distribúea a través de asociacións de produtores de madeira nas plantacións de eucalipto. A partir de aí, é a propia mosquiña a que se encarga de realizar o seu traballo: parasitizar os ovos do gurgullo impedindo a súa expansión.

A empresa comezou a distribuír, ademais, un vídeo de 2 minutos no que explica con detalle este proceso. Está dispoñible na web de Encee na canle da empresa en Youtube.