Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence lanza un pioneiro programa de fidelización para produtores forestais

180830_Acto de Presentación Programa de Puntos Ence Productores.jpg

30 de agosto de 2018.- Ence-Energía y Celulosa presentou hoxe en Viveiro (Lugo) un Programa de Puntos para asociacións de produtores forestais. Trátase dunha iniciativa pioneira cuxo obxectivo é contribuír á mellora da xestión forestal e reforzar as relacións entre a compañía e os produtores de madeira, mediante a creación dun programa de puntos que premiará a fidelidade e compromiso dos propietarios.

Os puntos acumulados polas asociacións adheridas ao programa serán trocables por servizos dispoñibles no catálogo de Ence, tales como planta mellorada, fertilizante, tratamentos fitosanitarios, rozas, mantemento de pistas e devasas, etc.

A Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (Promavi), foi a primeira entidade en adherirse a este Programa tras a firma dun convenio de colaboración con Ence no mesmo acto de presentación, un evento no que estiveron presentes o director xeral de Cadea de Subministración de Ence, Álvaro Eza, e o presidente da entidade, Manuel Galdo.

Na presentación do programa, Álvaro Eza afirmou que "estamos convencidos de que este Programa supoñerá un importante impulso para a mellora da xestión forestal de asociacións e propietarios, o que redundará nun aumento de rendemento e rendibilidade dos seus cultivos forestais".  Eza tamén sinalou que "confiamos en que esta iniciativa traducirase, así mesmo, nunha contribución directa ao coidado do medioambiente e a loita contra os incendios, porque o monte ben xestionado e mantido presenta un risco moito menor de incendios".

Tres categorías para premiar a fidelidade dos produtores

O Programa de Puntos de Ence parte da creación de tres categorías que se asignarán aos produtores na firma do acordo de adhesión da asociación ao programa, e revisaranse anualmente na renovación do convenio de compra. As categorías serán Platino, Ouro e Bronce, e estableceranse en función de varios parámetros acordes aos compromisos pactados con Ence.

En función do grao de cumprimento destes parámetros e dos seus obxectivos trimestrais, as asociacións de produtores recibirán a final de ano un número determinado de puntos, aos que poderán sumarse puntos adicionais obtidos coa participación da asociación noutras campañas de compra ás que se adheriron.

show_cookie_policy: 1