Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence lanza por terceiro ano consecutivo o seu Programa de Bolsas Talento para recentemente titulados

Imagen Programa Talento -encepontevedra.jpg

19 de xaneiro de 2017.Ence puxo en marcha a terceira convocatoria do Programa Talento, un proxecto mediante o cal 30 mozos recentemente titulados nas universidades galegas poderán vivir a súa primeira experiencia profesional dentro da empresa durante un ano.

Ence Pontevedra incorporará, a través do III Programa Talento, recentemente egresados en Administración e Dirección de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas / Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Enxeñería en Organización Industrial, Enxeñería Química, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Mecánica, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería de Minas e Enxeñería Técnica Forestal e de Montes, todas elas titulacións correspondentes ás diferentes áreas da compañía.

Os candidatos que desexen inscribirse no Programa han de ser menores de 31  anos, finalizar os estudos nos últimos tres anos nunha das tres universidades galegas, estar anotados no Servizo Público de Emprego Galego e carecer de experiencia profesional directamente relacionada coa súa titulación. Para iso, deberán acceder a www.ence.es/index.php/es/programa_talento.html, antes do 29 de xaneiro de 2017, onde poderán anotarse a través dun formulario facilitado pola empresa.

O Programa Talento é unha das iniciativas para mozos postas en marcha por Ence. A empresa tamén apoia a formación dos estudantes da comarca coas Bolsas Ence para Estudos de Mestrado, que este ano alcanzaron a súa quinta edición.