Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence lanza por segundo ano consecutivo o seu Programa de Bolsas Talento para recentemente titulados

Presentación1.jpg

25 de novembro de 2015.- Ence puxo en marcha a segunda convocatoria do Programa Talento, un proxecto mediante o cal 28 mozos recentemente titulados nas universidades galegas poderán vivir a súa primeira experiencia profesional dentro da empresa durante un ano.

A primeira edición do Programa Talento permitiu a 23 titulados incorporarse ao equipo da empresa durante un ano. Nese tempo, os mozos completaron a súa formación ademais de ter a súa primeira experiencia profesional. Esta segunda edición, será presentada o próximo día 2 de decembro ás 12.00 h no auditorio ABANCA de Pontevedra, nun acto que contará coa presenza como relator de José Carlos Prado e onde se darán todas as pautas a seguir polos candidatos para obter unha das bolsas.

Ence Pontevedra incorporará, a través do II Programa Talento, recentemente egresados en Administración e Dirección de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas / Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Enxeñería en Organización Industrial, Enxeñería Química, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Mecánica, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería de Minas e Enxeñería Técnica Forestal e de Montes, todas elas titulacións correspondentes ás diferentes áreas da compañía.

Os candidatos que desexen inscribirse no Programa han de ser menores de 31  anos, finalizar os estudos no últimos tres anos nunha das tres universidades galegas, estar anotados no Servizo Público de Emprego Galego e carecer de experiencia profesional directamente relacionada coa súa titulación. Para iso, deberán acceder a http://www.ence.es/programatalento, antes do 13 de decembro de 2015, onde poderán anotarse a través dun formulario facilitado pola empresa.

O Programa Talento é unha das iniciativas para mozos postas en marcha por Ence. A empresa tamén apoia a formación dos estudantes da comarca coas Bolsas Ence para Estudos de Máster, que este ano alcanzaron a súa cuarta edición.