Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

ENCE lanza a segunda convocatoria do Plan Social para Pontevedra, Marín e Poio

IMG_6084.JPG

19 de marzo de 2018. Dende mañá, 20 de marzo, e ata o próximo 20 de abril queda aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas ao Plan Social de Ence en Pontevedra, na súa convocatoria 2018. O Plan, cunha dotación de 3 millóns de euros, constitúe un dos programas máis importantes de axudas sociais dunha empresa privada en España.

O Plan Social forma parte do Pacto Ambiental entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e ENCE o pasado 28 de xuño de 2016. A compañía confía en que a presente convocatoria teña mesmo máis éxito e aceptación que a primeira edición do Plan ?que contou coa participación de 342 proxectos?, e así poder seguir contribuíndo activamente á calidade de vida dos seus veciños e o crecemento económico da comarca.

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas que presenten proxectos a desenvolver no ámbito territorial dos concellos de Pontevedra, Marín e Poio. Excepcionalmente, poderán apoiarse proxectos noutras zonas, fundamentalmente relacionados con actividades forestais e de coidado do entorno.

Cada solicitante deberá indicar a que área de actuación do Plan Social opta o seu proxecto. Os orzamentos asignados a cada un das áreas na edición 2018 son os seguintes:

Área de actuación

Importe máximo

1. Apoio e axudas á educación e cultura

300.000 €

2. Impulso ao emprendemento e a innovación

600.000 €

3. Recuperación e coidado da contorna

400.000 €

4. Apoio ao deporte de base

900.000 €

5. Loita contra a exclusión social

530.000 €

6. Axudas veciñais diversas

200.000 €

7. Dixitalización do proceso de solicitude e adxudicación de axudas

20.000€

8. Administración, xestión e comunicación

50.000 €

TOTAL

  3.000.000 €

 

As bases do programa, e toda a información relacionada coa 2ª convocatoria do Plan Social de Ence, poderán ser consultadas no sitio web www.ence.info/plansocialpontevedra a través do cal deberán presentarse as solicitudes de axuda. Ademais, a empresa habilitou a conta de correo plansocialpontevedra@ence.info para responder a calquera consulta relacionada co Plan.

Na 1ª convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra, lanzada en 2017, resultaron beneficiarios 226 proxectos que contribuíron a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e as condicións de vida dos colectivos en risco de exclusión de Pontevedra e a súa comarca. Con estas axudas, ENCE ademais complementa os avances na xestión ambiental da súa fábrica de Lourizán, así como os importantes proxectos de investimento e mellora operativa que está a desenvolver na súa biofactoría de Lourizán.