Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence lanza a quinta convocatoria do seu programa de Bolsas para Estudos de Máster, dirixida a universitarios da comarca de Pontevedra

bols.jpg
28 de abril de 2016. Amsterdam, Grenoble (Francia), Sevilla, Madrid ou Barcelona, son os destinos dalgúns dos 21 estudantes que nos últimos 4 anos recibiron Bolsas Ence para completar cun master os seus estudos de Grao. A empresa lanza agora as V Bolsas Ence para Estudos de Master dirixidas a estudantes de Pontevedra e a súa comarca. As Bolsas poden ser solicitadas desde agora e ata o próximo 10 de xullo. 
 
Cada unha das bolsas para a realización de estudos nas universidades galegas terá unha dotación de 3.000 euros. Para aqueles seleccionados que queiran avanzar a súa formación noutros centros do territorio español sumaráselle unha cantidade de 1.000 euros en concepto de axuda de desprazamento. Doutra banda, os estudantes que fagan unha mestría no estranxeiro contarán cunha axuda de 6.000 euros.
 
A empresa outorgará un total de 5 bolsas tendo en conta, para a elección das persoas bolseiras, os resultados académicos e a pertinencia dos estudos coas bases da convocatoria, xa dispoñibles en www.encepontevedra.com. Con esta iniciativa, Ence renova o seu compromiso de apoiar aos mellores talentos que consideren realizar os seus estudos en centros estranxeiros de alto nivel de especialización e prestixio.
 
Estudos prioritarios
 
Tal e como se establece nas bases da convocatoria, a empresa priorizará as solicitudes daqueles estudantes que queiran especializarse nas disciplinas relacionadas coa protección de medioambiente e a biodiversidade, as ciencias forestais e agrarias, a enxeñería, o desenvolvemento industrial e infraestruturas territoriais, a administración e xestión da empresa e as ciencias sociais e da comunicación.
 
Os interesados poden solicitar máis información sobre a V Convocatoria de Bolsas para Estudos de Máster de Ence Pontevedra a través da dirección de correo electrónico becasencepontevedra@ence.es.
 
Con todo, tamén poderán solicitar estas bolsas aqueles estudantes que estean a cursar o último ano de carreira no curso académico 2015-2016. Neste caso, a concesión da Bolsa quedará condicionada á obtención do título universitario na convocatoria de xuño/xullo de 2016.