Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence instalará en Baamonde un centro de bioenerxía

Troncos  para Joomla.jpg
31 de maio de 2016. Ence - Enerxía e Celulosa instalará en Baamonde (Lugo) un dos tres centros de bioenerxía que a compañía poñerá en funcionamento ao longo dos próximos meses en Galicia. Entre as actividades do novo centro destaca captación e astillado de madeira de eucalipto e de piñeiro, que servirá como biocombustible de instalacións térmicas renovables de calefacción e auga quente sanitaria, substituíndo a combustibles fósiles e non autóctonos como o gasóleo.
 
O Centro de Bioenerxía de Ence en Baamonde tamén se centrará no aluguer de moderna maquinaria forestal e a formación na súa utilización, o que supoñerá un impulso á actividade da comarca da Terra Cha. Desta forma, a compañía pretende mellorar a competitividade do sector forestal en Galicia e aumentar a seguridade das persoas nas actividades forestais na comunidade.
 
Así mesmo, o Centro poñerá á venda plantas e sementes de eucalipto para potenciar o rendemento na produción de madeira dos propietarios forestais da comarca. Hai que destacar que tamén se poñerán a disposición dos propietarios especies autóctonas co que estes centros contribuirán á biodiversidade e a recuperación de especies autóctonas, constituíndo un impulso aos máis rigorosos estándares de certificación forestal sustentable.
 
Baamonde, onde Ence non dispón na actualidade de instalacións, é un emprazamento moi adecuado para os obxectivos que persegue a compañía dado que está moi ben comunicada e goza de gran presenza de masas forestais, tanto de eucalipto como de piñeiro, así como dun gran número de propietarios forestais, comunidades de montes e subministradores de pequeno e gran tamaño.
 
Os novos centros de bioenerxía que Ence poñerá en funcionamento en Galicia forman parte do compromiso de investimento e xeración de emprego que se impuxo a compañía na comunidade, tras a prórroga da concesión da fábrica de celulosa en Pontevedra. O investimento previsto por Ence nestes centros contribuirá á xeración de 24 novos empregos e beneficiará a todo o sector forestal ao mellorar a capacidade de transformación de madeira galega para a súa comercialización en forma de biocombustible.